Labradores

 

 

 

Esta aula, pretende ser unha homenaxe aos nosos paisanos. Galicia é terra de labradores e ata as xentes que viven do mar teñen as súas leiras e trabállanas.

Todos os galegos temos antepasados labradores. Os nosos avós, os nosos bisavós traballaron a terra. A Galicia labradora, mantívonos e librounos da fame, dende a noite do tempo. Primeiro, coas castañas, coas noces, coas abelás das árbores, coas froitas: as mazás, as peras, as laranxas, os limóns, as cirolas, as cereixas, os figos, as uvas. Lugo, o centeo, a avena, o trigo, as verduras, as coles, as patacas. As crianzas dos animais domésticos, a vaca marela sobre todos eles.

Castelao di que a vaca foi a que axudou a criar a todos os galegos co seu leite abundante, os queixos, a manteiga, o requeixo, o leite callado.... Tamén os porcos, para o bo caldo galego, que é unha comida que todos facemos algunha vez ou moitas veces. Do porco sacamos os xamóns, os lacóns, o touciño, a zorza, os chourizos, a cacheira, a soá, as costelas, as orellas e o rabo..., do porco aprovéitase todo, tamén as orellas e o rabo. Sábeno moi ben os nosos labradores.

Hoxe pouca xente quere ser labrador, pero se non hai labradores QUE COMEMOS?