Mister Mann

 

Mr. Mann era un gran amigo de Vigo e de Galicia. Destinado no Cableiro Inglés (barco transatlántico para establecer comunicacións submarinas desde Europa a outros continentes) con base no porto de Vigo... e xa nunca xamais quixo separarse de nós. Morreu en Baiona hai poucos anos, e alí descansa nun bonito cemiterio.
 
Mr. Mann amou a nosa escola e quixo que nela se ensinase e aprendesese inglés, a súa lingua. Foi a Londres, Lisboa, Madrid tantas veces como foron necesarias para transmitirnos a súa arte de ensinar. Fíxoo soamente polo agarimo de escoitar falar a súa lingua entre nós.
 
Era simpático, xeneroso e gustaba de visitarnos frecuentemente.
 
A súa biblioteca de libros galegos eran unha das máis importantes en Vigo. Era un home culto e sempre trataba de saber máis sobre a historia do pobo que el amaba. Mr. Mann amou moito a Galicia e especialmente á nosa escola.