
O 19 de abril a las 20:00 na Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova.
Relator: Mª Jesús Casado Barrio
Ano 2010; as redes sociais ocupan boa parte do tempo libre dos nosos adolescentes. A información móvese a través de internet sen filtros (polo menos nalgúns países) e sen fronteiras, a excepción das paredes das nosas aulas. A rede axúdanos a atopar traballo, permítenos pedir cita para o médico ou o taller, realizar a compra e planificar as nosas vacacións.
E mentres tanto, que está a pasar nos nosos centros educativos? son conscientes do cambio que se está a producir no exterior, ou pola contra, son pequenos museos onde se conservan incólumes as antigas metodoloxías?
No século XXI o ámbito educativo vixente cuestiónase a entrada de Internet e das tecnoloxías que o sustentan. A información deixa de ser propiedade duns poucos (profesores, eruditos...) e pasa a socializarse. Ao longo desta conferencia mostraranse que son as NTIC e as TIC, e como transformaron a nosa sociedade ata convertela na era da información. Intentaremos descubrir cal é a postura que tomaron os educadores e os seus gobernantes respecto a elas e como afectou isto á nosa tarefa docente, e finalmente que tipo de ensino precisan os cidadáns desta era e como podemos conseguilo utilizando as tecnoloxías.