
A Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams...).
Establécense tres categorías de participación:
Cada equipo estará integrado por catro alumnos, e un deles actuará como portavoz. As probas da primeira fase realizaranse:
Clasificaranse para a Fase Final os catro equipos con maior puntuación en cada categoría. A fase final será o día 29 de Abril, de 16:30 a 19:30 horas para as tres categorías.
O transporte ata o Centro Social Caixanova correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os visitantes han de estar 10 minutos antes da hora do comezo da proba.
O xurado estará formado por membros da AGAPEMA, nos cales recaerá a responsabilidade de elaborar as probas. As súas decisións serán inapelables.
Obterán diploma de participación todos os membros dos equipos, e terán premio todos os integrantes dos equipos que pasen á Fase Final. Así mesmo, tamén terán premio os Centros clasificados en primeiro e segundo lugar de cada categoría. A entrega realizarase no acto de clausura do día 24 de abril as 19:30 horas.
A inscrición terá como data límite o día 18 de marzo do 2010. Cada Centro poderá inscribir un equipo por categoría. Así mesmo poderá presentar un segundo equipo quedando supeditada a súa participación o número total de inscritos. A confirmación de equipos admitidos e o horario será comunicado aos centros entre o 22 e o 26 de marzo.