Patrocinan

Caixanova

Alcaldïa do Concello de Vigo

Smart

Deputación de Pontevedra

Colaboran

Rompecabezas

InstalaGalaxia

IsabaCasio

NivolaRías Baixas

ISSProyectosur

edelvivestambre

Asociación Escola Rosalía de Castro

Obradoiros alumnos

Os Obradoiros van dirixidos preferentemente aos alumnos do terceiro ciclo de E.P e o primeiro ciclo da ESO.

Traballaremos en oito obradoiros con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), teselacións-mosaicos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas e revoltallo matemático.

Cada taller estará dirixido por un monitor que se encargará de orientar e controlar as diversas actividades.
Os profesores acompañantes terán que estar presentes durante a visita e manterán a orde dos seus alumnos. Así mesmo seguirán as instruccións dos monitores e dos membros da organización.

Os alumnos poderán manipular os distintos materiais, e irán rotando por todos os obradoiros.

As visitas a estes talleres realizaranse previa inscrición dos Centros escolares solicitantes. Haberá 3 sesións diarias (dúas o día 29) para realizar as visitas (26 en total), distribuidas do seguiente modo: de 09:15h a 10:40h; de 10:50h a 12:15h; y de 12:25h a 13:50h.

Inscrición:

  1. Número máximo de alumnos:por sesión será de 95. Aceptarase, en principio, a inscrición de 50 alumnos (máximo) por Centro. No caso de quedar algún oco libre, permitirase unha 2ª inscrición (comunicarase aos Centros interesados).
  2. Data límitede inscrición: 18 de Marzo do 2010 .
  3. Asignación de sesións e comunicación aos centros: realizarase por rigorosa orde de inscrición, e entre o 22 e o 26 de Marzo comunicarase aos centros a data e hora da súa visita. Agradecémosvos que nos facilitedes unha dirección de correo electrónico.
  4. Boletín de inscrición:
    1. A través do FAX: 986 420 677. Descargar boletín de inscrición para obradoiros
    2. Inscrición on-line

O transporte ata o Centro Social Caixanova correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os visitantes han de estar 10 minutos antes da hora do comezo da visita.