Patrocinan

Caixanova

Alcaldïa do Concello de Vigo

Smart

Deputación de Pontevedra

Colaboran

Rompecabezas

InstalaGalaxia

IsabaCasio

NivolaRías Baixas

ISSProyectosur

edelvivestambre

Asociación Escola Rosalía de Castro

Papiroflexia

A papiroflexia é a arte de crear figuras e obxectos recoñecibles mediante o pregado dunha folla de papel. Poderíamos definir a papiroflexia como o traballo realizado coas mans, o papel e a nosa imaxinación. Axuda ao desenvolvemento da habilidade manual, da concepción volumétrica, da coordinación de movementos e da psicomotricidade fina; ademáis, fomenta o espírito creativo e axuda a estimular a cooperación.

É unha actividade accesible a todo o mundo. Pódese practicar en calquera lugar e momento, e ademáis utiliza un material moi simple e barato.

Estas vantaxes e posibilidades poden ser aproveitadas por calquera sector da poboación, xa que a actividade desenvolvida pola papiroflexia, como todo traballo manual, axuda á recuperación funcional, estimula os mecanismos de coordinación manual, e os circuitos nerviosos e musculares correspondentes.

Os obradoiros terán lugar os días 22 e 23 de Abril no horario de 16:30 a 19:30 h.

Os obradoiros de papiroflexia, impartidos polas profesoras: Covadonga Blanco e Teresa Otero, realizaranse na Sala de Exposicións nº 3 do Centro Social Caixanova.

Inscrición

  1. Data límite: o día 18 de marzo do 2010.
  2. Número de participantes por centro:
    1. Profesores: máximo 5 por centro.
    2. Alumnos: máximo 10 por centro
  3. Comunicación aos centros:  A confirmación de equipos admitidos e o horario será comunicado aos centros entre o 22 e o 26 de marzo.
  4. Boletín de inscrición:
    1. A través do FAX: 986 420 677. Descargar boletín de inscrición para Obradoiros de Papiroflexia
    2. Inscrición on-line