Camoens

 

Luís de Camoens naceu en 1524 e morreu en 1580. É un poeta portugués, nacido dunha familia moi pobre. Estudou en Coimbra e frecuentou a corte de Juan III. Seguiu a carreira das armas e perdeu o ollo dereito en Ceuta. Volveu a Lisboa e levou unha vida aventureira e nun desafío feriu a un palaciego, por iso foi encarcerado.
 
Luís de Camoens contounos no seu maxistral poema Os Lusiadas todas as aventuras, sufrimentos e alegrías que os portugueses daquel tempo fixeron no descubrimento de Océanos e do mundo. O mesmo Camoens ía nesas viaxes cos seus manuscritos. Aos poucos foron aumentando cos acontecementos que lles ocorrían. Os portugueses fixeron moito pola historia e o coñecemento das terras afastadas e ignotas.
 
 
Di o profesor Alonso Montero que o portugués se fixo lingua propia con Camoens. Até alí o galego e o portugués eran a mesma lengua, aínda hoxe seguen sendo linguas irmás.
 
A escola dedicoulle a Camoens esta aula por ser o escritor máis insigne da literatura universal e por ser o máis famoso e máis próximo a nós, os galegos.
 
Ao ano seguinte é perdoado e enviado ás Indias, onde vive duramente e pasa moitas penalidades. É acusado de non levar ben as contas para a Administración e é enviado a Goa, no traxecto naufraga o barco en que viaxaba, sálvase do naufraxio e embarca para Mozambique.
 
Enfermo e deprimido volve a Portugal, despois de 17 anos de ausencia. En 1532 publicou Os Lusiadas, epopea en que describe as conquistas de Portugal en ultramar. O seu renome literario non lle chegou até despois de morto. Os Lusiadas é un dos mellores poemas épicos da Literatura Universal.
 

Camoens viviu na época en que o galego e o portugués deixaban de ser una mesmas linguas. Até Camoens, En Galicia e Portugal falábase a mesma lingua, e xuntos os dous poboes escribiron os CANCIONEIROS DÁ LIRICA GALAICO-PORTUGUESA, tamén xoia da Literatura Universal.