Mariñeiros

 

Homenaxe aos nosos paisanos, Galicia é un recuncho, unha esquina, da Península Ibérica que ten dúas fachadas mariñeiras ao Atlántico, un mar aberto de abundante pesca, pero tamén de tormentas fortes e tempestades feras. Os galegos desde os tempos puxeron cara ao mar e saíron a marear enseguida ,uns a pescar os nosos saborosos peixes, outros para ver que había máis aló do alén.
 
Sempre hai algún galego nas tripulacións dos barcos que asucan os camiños dos océanos. Aínda hoxe son galegos moitos mariñeiros que andan a faenar nos grandes bacaladeros e buques factorías, que tratan de xuntar peixes para levar aos mercados de todos os países. Vigo é unha cidade mariñeira, Vigo naceu do mar, o Vigo antigo ten as raíces no Berbés. Todos deberían saber que de alí partimos até chegar á cidade que hoxe temos.