Saídas pedagóxicas EI

 

As saídas didácticas en Educación Infantil…un encontro co ambiente para “mirar o cotián” cos ollos da indagación e a pregunta.

 

Mediar no coñecemento, comprensión e organización da realidade da que os nenos e nenas parten é un desafio para os docentes do nivel inicial. Ver, sentir e actuar sobre o ambiente son eixes centrais sobre os que se organiza a indagación do entorno…as saídas didácticas son a estratexia que o facilita.

 

Por medio da saída, o neno/a investiga, divírtese, potencia a súa autonomía, fomenta a súa socialización, aprende significativamente e globalmente, estimula o seu espírito crítico e creativo, incrementa a relación escola- familia, compensa desigualdades sociais e motívase.

 

Abordar unha saída didáctica significa "sacar a educación dos espazos pechados onde se acha confinada e trasladala a lugares de reunión, ás fábricas, as prazas, aos parques, ás rúas, é dicir aos espazos públicos.

 

Así entendida, a escola non é só unha institución que prepara para a vida, senón que é unha institución “viva” que ofrecerá aos nenos e nenas que a transitan a oportunidade de participar da vida do barrio e a cidade, porque é neses escenarios onde debe ocorrer o fenómeno educativo do cidadán/a.

 
¿QUE NOS PERMITEN AS SAÍDAS EN EDUCACIÓN INFANTIL?
Unha experiencia de saída vai favorecer o desenvolvemento do pensamento, xa que supón:
-Recibir información.
-Contacto directo coa realidade.
-Investigación (manipulación e actuación sobre o medio) 
 
¿COMO CHEGA A INFORMACIÓN AOS NENOS E ÁS NENAS?
Os sentidos para eles é o elemento fundamental para as saídas.
 
AS SAÍDAS PROPORCIONAN:
 
-Favorecer actitudes de cooperación (axudar a levar os materiais entre todos, axudar a outros  nenos máis pequenos, repartir bocadillos e auga…
-Aceptación de normas de convivencia (esperar a súa quenda, non gritar no autobús, non pisar os asentos, non tirar papeis ou restos de comida ao chan,…)
-Actitudes de respecto e defensa da natureza (non cortar as flores, non pisar xardíns, protexer aos animais…).
-Favorecer o proceso de socialización, superando o egocentrismo.
-Desenvolver vínculos afectivos con outros adultos.
-etc.
 
COAS SAÍDAS APRÉNDESE GLOBALMENTE:
-Ofrece realidades amplas, globais.
-Favorece a motivación dos nenos.
-Atende aos seus intereses e necesidades.
-Proporciona a aprendizaxe significativa.
-Pódense traballar todos os ámbitos de coñecementos e experiencias de forma lúdica e flexible.
 
CONCLUSIÓN:

Abrir as portas ao contexto e saír ao seu encontro…“facer uso” de relacións escola-cidade implica outra forma de pensar a institución escolar, adoptar outros modos de organizar espazos e tempos, supón renovar as prácticas pedagógicas, e en definitiva reinventar a escola.