Concepción Arenal

 "...a sociedade non pode en xustiza prohibi-lo exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano".

Concepción Arenal (1893 - 1993)
 
Concepción Arenal viviu en Vigo e aquí morreu, está sepultada no cemiterio de Pereiró e o concello dedicoulle un sarcófago de pedra que está a presidir a entrada principal. Todos os vigueses deberiamos dedicarlle un saúdo cando fósemos a Pereiró. Ela naceu en Ferrol, viviu logo en Madrid e cóntase que lle gustou moito estudar.
 
Naqueles tempos as mulleres non podían ir á universidade e din que se vestiu de home para facer a carreira de avogado. Aínda teñen fama pensamentos que deixou escritos: Abride escolas e pecharedes cárceres.
 
En Vigo viven algúns dos seus descendentes e nesta escola estudou un bisnieto seu, por certo moi bo estudante, que hoxe é home de ben na vida e no seu traballo. No Con de Moaña está o pazo da familia Arenal.