Cruz Gallástegui

Non naceu nin se criou en Galicia. Naceu en Vergara (Euskadi) en 1891. Director da Misión Biolóxica de Galicia, establecida en Pontevedra, estudou os millos híbridos -fecundados artificialmente, nunha especie o pole doutra, aproveitando que o millo ten no pendón os órganos masculinos e nas exilas das follas os femeninos. Publicou moitos libros e dedicou a súa vida ao progreso de Galicia.

 
Estudou o Bacharelato en Bilbao, Xardinaría e Arboricultura froiteira en Limoges (Francia). Fíxose enxeñeiro agrónomo na Escola Superior de Agricultura de Hohenheim (Alemaña). Despois de pasar dous anos en México estudando, douctorouse nas Universidades de Harvard e Conell.
 
Volveu a España en 1921 e o Ministerio de Educación ofreceulle dirixir a Misión Biolóxica de Galicia, para que continuase investigando os millos, que xa fose a súa especialidade en EEUU. Máis tarde cursou estudos de Veterinaria e en 1923 foi chamado a Madrid á Dirección Xeral de Gandaría. Nos seus libros quedounos o resultado das súas investigacións.