Irmandiños

 

Os Irmandiños confederaronse para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. As primeiras irmandades galegas datan da época do bispo Diego Xelmírez (1100 - 1140), contra cuxo poder se subleváron varias veces os burgueses e parte do clero de Santiago.
 
No entanto, as principais irmandades constituíronse a finais da Idade Media e no campo, cando as crises agrarias e demográficas determinaron un incremento da explotación do campesinado. En 1467 produciuse un levantamento xeral que chegou a agrupar uns 80.000 homes (burgueses, campesiños, baixo clero, pequena nobreza), os cales se dedicaron á persecución da alta nobreza. Pero a aristocracia reuniu un exército de mercenarios e derrotou aos Irmandiños en 1469.