Bertrand Russell

 

PREMIO NOBEL 1950
 
Naceu en 1872 en Gales (Reino Unido). Os seus pais eran aristócratas, pero dedicaron a súa vida a actividades liberais. Morreron novos e a el e ao seu irmán recolleunos a súa avoa, dunha das familias de máis abolengo da corte inglesa. Era unha persoa intelixente e moi culta, que contribuíu moito a desenvolver o gusto polo estudo no seu neto.
 
Bertrand Russell, desde moi pequeno, demostrou grandes facultades para as matemáticas. Aos 21 anos xa terminara os seus estudos e marchou a París como Agregado de Embaixada. Seguiu estudando - Matemáticas e Filosofía -. Exerceu cargos de profesor de universidades inglesas e americanas, pero pronto tivo problemas e mesmo estivo varias veces no cárcere por manifestarse declarado inimigo da guerra. O seu libro Introdución á Filosofía matemática foi escrito no cárcere.
 
Estudou os problemas das escolas, escribiu moitos libros sobre como debía de ensinarse aos nenos e como habían de prepararse e instruírse as mulleres. Defendía acaloradamente que as nenas estudasen e dedicásense á ciencia e á investigación.
 
Loitou sempre polo respecto á dignidade humana e toda a súa vida traballou ardentemente. Loitou polo progreso da humanidade e por unha igualdade entre os homes. Viviu case un século, sempre publicando e estudando.