María Montessori

 

Pedagoga italiana, estudou medicina na Universidade de Roma e iniciou as súas experiencias con débiles mentais na clínica psiquiátrica da devandita universidade, as cales continuou máis adiante con nenos psíquicamente normais. Elaborou o método que leva o seu nome.
 
A partir do Primeiro Curso Internacional Montessori, que tivo lugar en Roma en 1913, a pedagoxía montessoriana adquiriu relevo internacional. O Terceiro Curso Internacional Montessori, primeiro que se celebrou fóra de Italia, tivo lugar en Barcelona, cidade na que pasou varias tempadas. A pesar do carácter espiritualista do corpus montessoriano, a súa obra foi perseguida polo fascismo. Ademais da gran influencia que exerceu a pedagoxía montessoriana en Cataluña antes da guerra civil, cabe destacar a incidencia en Gran Bretaña, EE.UU. e os Países Baixos.
 
De entre as súas obras destacan: Il metodo della pedagogia scientifica applicata alléducaziones intantile nelle case dei Bambini (1909), Autoeducazione nelle scuole elementare (1916), A paix et léducation (1932) e Manuale dei pedagogia scientifica (1935).
 
Método Montessori:
Concibido inicialmente para deficientes mentais, aplicouse a partir de 1907 a nenos normais. Baséase fundamentalmente no principio de liberdade, actividade e individualidade. Os procedementos prácticos que preconiza baséanse no asociacionismo. A formación intelectual, nos seus comezos, consistirá en recoller datos sensoriais e diferencialos.
O método require un ambiente limpo e adecuado e céntrase primordialmente na educación dos sentidos, a lectura, a escritura, a gramática, os traballos manuais, a música e a formación física. Debe, ademais, desenvolverse pacientemente dentro dunha orde, un equilibrio e unha concentración determinados. As observacións que realizou Maria Montessori levárona á conclusión de que o neno atravesa uns períodos sensitivos creadores que a educación debe desenvolver.