Asociación Escola Rosalía de Castro

Semana Matemática 2012

Organizado pola Asociación Escola Rosalía de Castro, coa asesoría pedagóxica da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e o patrocinio de Novacaixagalicia, Concello de Vigo e SMART vaise celebrar en Vigo a VIII SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO.

Obxetivos Xerais

  • Sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo.
  • Favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares.
  • Amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas, é dicir: argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar ...
  • Sensibilizar aos distintos sectores educativos, de que as matemáticas poden ensinarse e aprenderse de xeito atractivo.
  • Acadar o apoio das distintas institucións do eido da educación e da cultura para seguir espallando en todos os niveis unha maior e máis axeitada formación matemática.