Asociación Escola Rosalía de Castro

Semana matemática 2013

Organizado pola Asociación Escola Rosalía de Castro, coa asesoría pedagóxica da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e o patrocinio de Fundación Barrié de la Maza, La Caixa e Concello de Vigo  vaise celebrar en Vigo a IX SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO.

Obxetivos Xerais

  • Sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo.
  • Favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares.
  • Amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas, é dicir: argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar ...
  • Sensibilizar aos distintos sectores educativos, de que as matemáticas poden ensinarse e aprenderse de xeito atractivo.
  • Acadar o apoio das distintas institucións do eido da educación e da cultura para seguir espallando en todos os niveis unha maior e máis axeitada formación matemática.
  • Aprender a traballar en equipo valorando e respetando as opinións propias e ás dos demáis e fomentando a imaxinación e a creatividade.

 

"Siempre he creído que el mejor camino para hacer las matemáticas interesantes a los alumnos y profanos es acercarse a ellos en son de juegos"

Martín Gardner