Bacharelato

     Na sociedade actual prima de modo extraordinario a competitividade;  tal vez se procuran demasiados obxectivos simultáneos e non é desexable prescindir de ningún deles sen esquecer outros. Así na Escola Rosalía cremos que é posible conxugar as metas académicas cos valores persoais e coa harmonía interna. A reflexión, o diálogo, o consenso e o saber escoitar son factores imprescindibles no traxecto evolutivo dos nosos alumnos e conforman actitudes básicas que sustentan a nosa Escola día a día, curso a curso.

      O bacharelato reune en sí o resultado de tódolos cursos que o preceden polo cal, tan importante é o antes como o durante. A obtención dunhas cualificacións concretas e a presión resultan unha pesada lousa, por iso existe o grupo no senso literal do termo, pero tamén cremos na individualidade porque para nós todo é un: ningunha persoa debe quedar atrás, agardamos por todos e por cada un dos nosos rapaces. Este é o auténtico sentido do noso proxecto, abrir os ollos ao horizonte do descubrimento, á cultura, á vida.

       A nosa Oferta Académica é un bacharelato atractivo baseado en tres premisas fundamentais, nun centro avalado por máis de 50 anos na vangarda:

 -Calidade académica, contrastada e respaldada polos resultados nas PAU. 100% como índice de aprobados habitual. Presentamos ao maior número de alumnos/as ás Probas de Selectividade, non só aos que nos garanten resultados.

 -Calidade persoal, baseada na cercanía entre o alumnado, as familias e o grupo de docentes.

 -Ningún alumno/a queda atrás, un trato persoal e individualizado. Nesta etapa, e aínda sen que o contemple a lexislación, os titores/as de 1º e 2º de Bacharelato dispoñen no seu horario de unha hora semanal para poder prestar atención  aos seus titorandos.  

 

Modalidades -  Dpto Orientación -  Infraestrutura - Metodoloxía Pedagóxica - Profesorado  - Idiomas