Raizame Rosalía

Un curso máis seguimos colaborando no proxecto de educación ambiental en Voz Natura 


En verdade, a viaxe promete... entre outras aventuras, estamos a reducir en grande medida os nosos residuos para darlles unha nova vida:

- papeis para facer ladrillos
- aceites usados da cafetería para elaborar os nosos xabóns
- cartóns de leite para crear unha orixinal lámpada...
- ... e todo o residuo orgánico das nosas merendas para facer un boísimo solo, de gran calidade que xa estamos a empregar na horta da Escola.

De seguro imos aproveitar ben o camiño, medrando como persoas e axudando a conservar o noso benquerido medio.

Comezamos!

 https://rosaliaconciencia.wordpress.com