A Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams...).

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: Alumnos do 3° ciclo da Ed. Primaria.
  • Categoría B: Alumnos do 1° ciclo da ESO.
  • Categoría C: Alumnos do 2° ciclo da ESO.

Cada equipo estará integrado por catro alumnos, e un deles actuará como portavoz. As probas da primeira fase realizaranse:

  • Categoría A: Mércores, 12 de marzo de 16:00 a 19:00.
  • Categoría B: Xoves, 13 de marzo de 16:00 a 19:00.
  • Categoría C: Venres, 14 de marzo de 16:00 a 19:00.

Clasificaranse para a Fase Final os catro equipos con maior puntuación en cada categoría. A fase final será o mércores, día 19 de marzo, de 16:00 a 19:30 horas para as tres categorías.

O transporte ata a sede Fundación Barrié correrá a cargo de cada un dos centros participantes. Os visitantes han estar 10 minutos antes da hora do comezo da proba.

O xurado estará formado por membros da AGAPEMA, nos cales recaerá a responsabilidade de elaborar as probas. As súas decisións serán inapelables.

Obterán diploma de participación todos os membros dos equipos, e terán premio todos os integrantes dos equipos que pasen á Fase Final. Así mesmo, tamén terán premio os Centros clasificados en primeiro e segundo lugar de cada categoría. A entrega realizarase no acto de clausura do día 21 de Marzo ás 19:30 horas.

A inscrición terá como data límite o día 7 de febreiro do 2014. Cada Centro poderá inscribir un equipo por categoría. Así mesmo poderá presentar un segundo equipo quedando supeditada a súa participación o número total de inscritos. A confirmación de equipos admitidos e o horario será comunicado aos centros entre o 17 e o 21 de febreiro.