Blogs

 

O departamento de Orientación da Escola vén de poñer en marcha un blogue específico deste área de traballo e que bautizan “Camiña co Rosalía”, nel podedes consultar todo tipo de información,  material, ligazóns etc que pode ser de moita utilidade para calquera idade e etapa educativa. Agardamos que navegando por esta nova canle poidades obter recursos que redunden no benestar dos nosos nenos e e nenas.
 
 
 
 
 
 
O departamento de Ciencias e Matemáticas da Escola estrea este novo espazo xerado para compartir as nosas experiencias e inquietudes científicas.
 
 
 
 
 
Presentamos Galeguizando, o novo blog dos grupos de 6º de primaria, Álvaro Cunqueiro e Ramón María Aller. Queremos facer a nosa pequena (ou non tan pequena!) achega á promoción da lingua galega na nosa escola.
No blog poderedes atopar material moi diverso: relatos, entrevistas, as nosas receitas favoritas, traballos de investigación…