Orientación

Dende o departamento de orientación trabállase en estreita colaboración cos titores e as familias, por consideralos axentes fundamentais na educación do alumnado. A orientación é un proceso de axuda ó estudiante para que sexa capaz de resolve-los problemas que a vida escolar lle presenta e para que ó longo do seu percorrido pola Escola adopte eleccións dacordo cos seus intereses, capacidades e coa súa situación persoal.

A orientación escolar ocúpase dos momentos críticos, os desaxustes, conflictos, situacións especiais e está presente sempre que implique acomodacións do alumno ó cambio.

Os pais poderán solicitar unha entrevista sempre a través do tutor do seu fillo.

O horario é de Luns a Venres de 08:45 a 14:30 e os Martes pola tarde de 16:30 a 20:15h.